Máis
15 Marzo, 2020 11:30
CSA Cambalhota
Camiño Socastelo, 10 Allariz
Organizado Por
CSA Cambalhota
Localidade
Allariz
O vindeiro domingo 15 de marzo ás 11 e media da mañá representantes de SOGAPS e da Delegación Saharauí en Galicia impartirán unha charla aberta ao público, no CSA Cambalhota de Allariz, sobre a situación actual do Sáhara Occidental, territorio conizado por Marrocos que representa hoxe a última colonia de África.
O pobo do Sáhara Occidental, abandonado polo Estado español trala morte do ditador Francisco Franco, vive dividido en tres territorios: o país ocupado polas forzas militares marroquís e colonos, a zona liberada tras dezaseis anos de guerra e os campamentos de refuxiados no deserto de Tinduf.
Á espera de que se cumpra o tratado de paz da ONU, co Referendo de autodeterminación pactado e demorado vergonzosamente, o pobo saharauí resiste heroicamente no deserto vai xa para 44 anos co abandono de España e a desidia inhumana da Comunidade internacional.
SOGAPS coopera co pobo Saharauí, con programas de axuda humanitaria e co activismo político, denunciando esta situación vergoñenta.
Tamén se fará unha presentación do programa “ Vacacións en paz 2020” onde se informará sobre os programas de acollida.
Agardámosvos neste interesante acto.