fbpx

Sahara é nome de muller. Expo fotográfica na Cambalhota (Allariz)

Compárteo!

10 Xaneiro, 2020 20:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Sahara é nome de muller. CartelO tema desta exposición é unha viaxe realizada ós campamentos de refuxiadxs Saharauis, situados no deserto do Sahara en territorio alxerino, realizada pola autora en 2016, e máis concretamente ó campamento de El Aaiún.

O título fai referencia á experiencia alí vivida, pois reflicte o día a día e a vida cotiá nunha familia moi conservadora, na que o peso das actividades domésticas recae sobre as mulleres.

Outros aspectos desa cotiandade que se queren resaltar nas obras son a dureza das condicións de vida destes campamentos, os máis extensos e lonxevos do mundo ou a beleza e elegancia das súas habitantes, en sintonía coa paisaxe e as cores que as rodean.

A obra está composta por 30 pezas. As ampliacións en cor teñen un tamaño de 30×40 cm, e foron realizadas mediante técnica dixital.

Sahara é nome de muller FotosAs ampliacións en branco e negro teñen un tamaño de 40×50 cm, e a súa técnica é a fotografía química, e todo o proceso do revelado da película e positivado das ampliacións en papel foi realizado a man pola autora, no seu propio laboratorio.

Todas as fotografías están á venda, en diferentes tamaños. Unha parte proporcional do valor de cada reprodución adquirida irá destinada á familia protagonista desta reportaxe.

A autora: Elena Buch (1980). Formación na Escola de Artes e Oficios de Santiago e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Especializada en Fotografía Química e procesos de laboratorio.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close