fbpx

Rutas “Pequenos Exploradores”

Compárteo!

Máis

28 Abril, 2019 11:00

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

  • Localidade

    Allariz

Partindo da base dunha andaina (actividade saudable, lúdica e deportiva) adaptamos a mesma para a realización de familias, recomendando que se faga con nenos dende os 5 anos en adiante. Por suposto ao evento engádese un valor cultural, relacionando as rutas con todo tipo de Patrimonio asociado (inmaterial, natural, etnográfico etc).

NÚMERO MÁXIMO DE PRAZAS: 30 persoas. DIFICULTADE: BAIXA

DIRIXIDO A: Unidades de convivencia; entendendo como tal ao conxunto de persoas que viven habitualmente baixo o mesmo teito e que poden estar ou non ligadas entre elas por lazos de parentesco.

RUTAS
RUTA 1: Descubro o Río Arnoia – 31 Marzo ás 11:00 horas. Límite Inscricións 28 Marzo.
RUTA 2: Roteiro Arqueolóxico Armea – 28 Abril ás 11:00 horas. Límite Inscricións 25 Abril.
RUTA 3: Ecoespazo O Rexo – Petróglifos Castro de Cerdeira – 12 Maio ás 11:00 horas. Límite o día 9 de Maio.

OBXECTIVOS
Fomentar a vida saudable cunha actividade física sinxela no medio natural (bosque autóctono).
Dar a coñecer e poñer en valor diferentes lugares patrimoniais a través de xogos naturais, a historia e as lendas.
Reforzar os lazos familiares e/ou amizade tanto entre a unidade de convivencia como entre @s participantes.
Sensibilizar sobre o coidado e respecto polo Patrimonio Cultural e Natural da nosa terra.
PREZOS
20 €, unidade convivencia de 3 membros dos cales un (mínimo) ten que ser adulto.
25 €, unidade convivencia de 4 membros dos cales un (mínimo) ten que ser adulto.
1€ a pagar a maiores a partir dos 5 membros da unidade de convivencia.

MÉTODO DE PAGO
1 – Pago no Punto de Inicio da Ruta 15 minutos antes do comezo.
2 – Ingreso ou transferencia bancaria ao número: ES82 3070 0043 0861 2490 4225 CAIXA RURAL GALEGA S.COOP.

INCLÚE
Acompañamento guiado (2 monitores).
Seguro R.C. e accidentes.
Material a empregar para a realización do obradoiro que corresponda.
Bono para 3 Museos do Concello de Allariz por cada membro inscrito.
Desprazamento en Bus na Ruta Ecoespazo de O Rexo – Petróglifos Cerdeira.

RESERVA E INSCRICIÓNS
Reserva praza enviando un correo electrónico a contacto@xeitura.com ou chamando ao 609 474 976.
Recibirás unha solicitude de inscrición que debes cubrir e enviarnos de novo.
Tamén podes cubrir fisicamente a ficha na Oficina de Información e Turismo de Allariz de Martes a Domingo e de 11:00 – 14:00 e 16:30 -19:00).

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close