fbpx

Ruta interpretada por Allariz en Semana Santa

Compárteo!

Máis

Comeza en 2 Horas, 37 Minutos

19 Abril, 2019 11:30

Máis Datas

  • 19 Abril, 2019
  • 21 Abril, 2019

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

  • Localidade

    Allariz

A área de turismo do Concello de Allariz, xunto coa empresa alaricana Xeitura, organiza unha ruta interpretada por Allariz durante a Semana Santa.

A nova iniciativa “Ruta interpretada por Allariz” terá lugar os días 19 e 21 de abril a partir das 11:30h. O obxectivo é mostrar, durante dúas horas e acompañados de guías especializados na historia e patrimonio de Allariz,  algúns dos recunchos con máis tradición.

A ruta comezará ás 11:30h na Oficina de Información Turística e visitará lugares senlleiros como o Castelo invisible, os tramos de muralla conservados e a estatua do Boi co seu significado pasado e presente. Os e as participantes percorrerán a vila onde a muller de Afonso X “O Sabio” mandou fundar o Convento das Clarisas para custodiar as súas xoias e onde o “Lobishome” Romasanta estivo preso e foi xulgado moito despois de que se tiveran construído ás igrexas de orixe románica como a de Santo Estevo, Santiago e Santa María de Vilanova. Visitarán o interior da igrexa de Santiago ao pé do Camiño e para rematar achegaranse ao río Arnoia, motor pasado e presente, corazón do que algún rei chamou a “Chave do Reino de Galicia”.

Os nenos e nenas tamén poderán participar nesta actividade, con percorrido de dificultade baixa.

Imprescindible reserva en:  turismo@xeitura.com  –  609474976
Prazas limitadas: 30 persoas por visita.
Prezos:
– 5€ / persoa.
– 3€ / persoa con tarxeta de cidadanía.
– Gratis para nenos e nenas ata os 12 anos.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close