fbpx

Rural Camp 2020. Campamentos en Paciños, Allariz

Compárteo!

Comeza en 7 Horas, 11 Minutos

5 Xullo, 2020 a 25 Xullo, 2020 11:00

Máis Datas

  • 5 Xullo, 2020
  • 6 Xullo, 2020
  • 7 Xullo, 2020
  • 8 Xullo, 2020
  • 9 Xullo, 2020
  • 10 Xullo, 2020
  • 11 Xullo, 2020
  • 12 Xullo, 2020
  • 13 Xullo, 2020
  • 14 Xullo, 2020

Fundación Ramón González Ferreiro

Lugar de Paciños (Allariz, Ourense)

Organizado Por

Fundación Ramón González Ferreiro

988 436 182

  • Localidade

    Paciños (Allariz)

Campamento Rural Fundación Ramón González Ferreiro

Campamento de 7 días de duración que ten como obxectivo que os rapaces e rapazas valoren o mundo rural, contactando coa natureza, a través de xogos, música, actividades de lecer, deporte, excursións, mindfulness, obradoiros, etc.

Estas xornadas de convivencia, que terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créanse con ilusión , experiencia e co traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural e natural de Paciños, na vila de Allariz e Xunqueira de Ambía.

A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal, aumentando as súas experiencias individuais e como membros dun grupo.

Dirixido a nenas e nenos entre  9 e 16 anos repartidos en quendas diferentes.

QUENDAS VERÁN 2020:

  • 1ª QUENDA: Do 5 ao 11 Xullo (ano de nacemento 2008-2009-2010-2011) dende os 9 aos 12 anos
  • 2ª QUENDA: Do 12 ao 18 Xullo (ano de nacemento 2007-2008-2009-2010) dende os 10 aos 13 anos
  • 3ª QUENDA: Do 19 ao 25 Xullo (ano de nacemento 2004-2005-2006-2007) dende os 13 aos 16 anos)

Hora de Chegada 1º Día:  11:00h reparto de habitacións e acto de presentación a continuación.
Hora de Saída 7º Día:  12:00h con acto de clausura coas familias.

PREZO: 245 (desconto de 15€ para cada un/unha dos/das irmáns/irmás que asistan ao campamento).

Inscricións e información:
http://fundacionrgf.org/2020/03/02/ruralcamp_2020/
info@fundacionrgf.org
988 436 182

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close