fbpx

Rural Camp 2019. Campamentos en Paciños, Allariz

Compárteo!

Máis

Comeza en 2 Meses, 8 Días

30 Xuño, 2019 a 20 Xullo, 2019 11:00

Máis Datas

  • 30 Xuño, 2019
  • 1 Xullo, 2019
  • 2 Xullo, 2019
  • 3 Xullo, 2019
  • 4 Xullo, 2019
  • 5 Xullo, 2019
  • 6 Xullo, 2019
  • 7 Xullo, 2019
  • 8 Xullo, 2019
  • 9 Xullo, 2019

Fundación Ramón González Ferreiro

Lugar de Paciños (Allariz, Ourense)

Organizado Por

Fundación Ramón González Ferreiro

  • Localidade

    Paciños (Allariz)

RURAL CAMP 2019 Fundación Ramón González Ferreiro

RURAL CAMP 2019 Fundación Ramón González Ferreiro

A Fundación Ramón González Ferreiro organiza un ano máis o Rural Camp. Estes campamentos de 7 días de duración que teñen como obxectivo que os rapaces e rapazas valoren o mundo rural, contactando coa natureza, a través de xogos, música, actividades de lecer, deporte, excursións, mindfulness, obradoiros, etc.

Estas xornadas de convivencia, que terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créanse coa ilusión, a experiencia e o traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural de Paciños, na vila de Allariz e arredores.

A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal, ao aumentar as súas experiencias individuais e como membros dun grupo.

Dirixido a nenas e nenos entre  9 e 16 anos, repartidos en quendas diferentes.

QUENDAS VERÁN 2019:

1ª QUENDA: Do 30 de xuño ao 6 xullo(ano de nacemento 2007-2008-2009-2010) dende os 9 aos 12 anos
2ª QUENDA: Do 7 ao 13 xullo (ano de nacemento 2006-2007-2008-2009) dende os 10 aos 13 anos
3ª QUENDA: Do 14 ao 20 xullo (ano de nacemento 2003-2004-2005-2006) dende os 13 aos 16 anos

Hora de Chegada 1º Día: 11:00h, reparto de habitacións e acto de presentación a continuación.
Hora de Saída 7º Día: 12:00h, con acto de clausura.

PREZO: 235€ (desconto de 15€ para cada un dos irmáns que asistan ao campamento).

»»» Toda a información, Ficha de Inscrición para RuralCamp 2019, Anexo con cláusulas e indicacións sobre Que é preciso levar e outras cuestións:
fundacionrgf.org/rural_camp-2019/

Ou tamén:
Teléfono 988 436182
Correo-e info@fundacionrgf.org
Web www.fundacionrgf.org

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close