fbpx

Running. Uunha comedia suorenta De Ste Xeito

Compárteo!

10 Agosto, 2019 19:00

Casa da Cultura, Sandiás

Casa da Cultura , Sandiás

  • Localidade

    Sandiás

 Running (unha comedia suorenta De Ste Xeito) en SandiásXulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: “Quedamos? Veña si! Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes (20 en total) desta vertixinosa comedia.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close