fbpx

Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde

Compárteo!

Comeza en 10 Días, 16 Horas

28 Setembro, 2019

Allariz

Allariz, Ourense

  • Localidade

    Allariz

Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde en Allariz.

Hora e punto de encontro:

10:00h no Fogar do Maior (Campo da Barreira, 3)

Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde - Allariz,O roteiro é aberto ó publico e gratuíto. Só as persoas usuarias da plataforma fprofe poderán solicitar certificado de asistencia.

Código en fprofe: G1903009

“Á saída saudarano moitas xentes, e por todo comentario sobre a actuación do frade, ha dicir: «Cantaba ben», ou «Cantaba coma un carro»; e de aí nin deus ha sacalo. Na casa dirá máis, dirá: «Eu a Don Perfecto non me lle podo negar. É un home bo, non é mala persoa, é pobre. Ademais mercou un burro para que lle proporcionase estrume. A un home así non se lle pode dicir non. Sáelle o cagallón a cinco pesos».

O avó non é un home relixioso, pero é o único que entra na clausura das Salesas (Clarisas).; ó se referir a elas sempre di «aquelas pobres mulleres» e logo, polo Xacobo, mándalles aceite, sal, pan, e máis cousas que elas non teñen. As monxas, a cambio, rezan por el e zúrcenlle moi ben zurcidiños os pantalóns que, de andar tanto de a cabalo, rómpenselle sempre pola entreperna cando inda están novos de todo.

Nós, para ve-las monxas, intentámolo xa todo. Metémonos dentro do torno non sei cantas veces, pero sempre hai unha monxa dentro que ten a cara tapada e faino seguir xirando de xeito que é coma se non entrases. Máis dunha vez saímos mareados: entre a monxa e os de fóra fan xira-lo torno de seguido e ti non es capaz de paralo. Entón, entre as gargalladas fortes dos de fóra escóitase, mainiña, unha risa nova de rapaza e, sen saber por que, poste tristeiro e lémbraste do que di o avó ó se referir a elas: «Aquelas pobres mulleres…».

O único xeito de poder velas é dende o campanario de San Lois (San Bieito). Dende alí domínase toda a horta do convento. Pero é tan alto que as monxas semellan formigas e non se lles albisca a cara, que é o importante. Chamámolas berrando e non nos fan caso. Unha vez, unha saudounos coa man, pero de seguida apareceu outra que lle falou unha migalla e entón seguiu botando auga nas leitugas, así como á recollida.

Cando lle contamos estas cousas, o avó sorrí e prométenos que calquera día imos entrar con el. Pero nós sabemos que non é posible; se acaso, cando profese algunha, poderemos ve-la cerimonia. Seica é coma unha voda: ela vai vestida toda de branco, coma unha noiva, mais en vez dun mozo leva un cadaleito no que a han meter despois de lle rapa-lo pelo. Quizais por iso non nos guste a igrexa do convento, chea de reixas, da que non falamos”.

Alfredo Conde, Mementos de vivos, pp. 63-66

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close