fbpx

Rojo, de John Logan, no Teatro Principal de Ourense

Compárteo!

4 Maio, 2019 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Rojo, de John Logan

Rojo, de John Logan

Mark Rothko, un dos grandes representantes do chamado Expresionismo Abstracto, enfróntase ao que quizais é o seu maior reto profesional e o seu peor dilema ético: pintar unha serie de murais, extraordinariamente ben pagos, que deberán decorar o elitista restaurante Four Seasons de Nova York. É o principio da decadencia, pero o tormentoso creador négase a aceptar que un novo movemento, o Pop Art, axexa disposto a pisar o seu legado tal e como a súa xeración fixo cos cubistas que a precederon. Baixo a incisiva mirada do seu mozo axudante, e disparando palabras como dardos, Rothko pinta un certeiro retrato da súa visión da arte, da vida e da morte á que non quixo esperar.

Galardoada con seis premios Tony (incluído o de Mellor Obra) e representada no medio mundo desde Chile até Japón, “Rojo” constitúe o maior éxito teatral do dramaturgo e guionista John Logan. É a primeira vez que se representa en escenarios españois.

TÍTULO: “ROJO”
AUTOR: John Logan
DIRECCIÓN: Juan Echanove
COMPAÑIA: Traspasos Kultur
ELENCO: Juan Echanove, Ricardo Gómez

DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:
20€ – Butaca de Patio e Platea
20€ – 1º Andar
15€ – 2º Andar
12€ – Paraíso e VR

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close