fbpx

Robin Hood. Caspervek Cine mudo música en directo

Compárteo!

Máis

Comeza en 20 Días, 6 Horas

11 Maio, 2019 21:00 - 22:30

BenComún Espazo

Torre Lombarda, 1 Baixo Allariz

988 680 892

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

  • Localidade

    Allariz

Caspervek Robin Hood Caspervek Cine mudo música en directoRobin Hood, de Allan Dwan (EEUU, 1922. Versión reducida 94 min), será a 2ª película proxectada deste novo Ciclo de Cine e Música en Directo con Caspervek.

Para esta ocasión, Caspervek contará ademais cunha convidada de luxo: Laura Lorenzo, frautista da ‘Joven Orquesta Nacional de España’ (JONDE)

Lembrade que as proxeccións realizaranse no local de BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1 Baixo, Allariz).

Ricardo Corazón de León (Wallace Beery), un rei xusto e bondadoso ao que aman e respectan os seus súbditos, decide ir a Terra Santa co seu exército para loitar nas Cruzadas. Vai acompañado do Conde de Huntington, o seu leal e valeroso lugartenente. Na súa ausencia, ocupa o trono de Inglaterra o seu irmán, o príncipe Juan (Sam De Grasse), que goberna con man de ferro, oprimindo aos máis débiles e sumíndoos na miseria. O único home que pode acabar con estes agravios é un enigmático fuxido que vive no bosque de Sherwood e que se fai chamar Robin Hood (Douglas Fairbanks).

Xa podedes mercar ou recoller o voso abono na Fundación Vicente Risco (sábados e domingos de 12h a 14h) ou en BenComún (luns a venres de 9h a 14h e de 16h a 18h).

Prezo dos abonos:
1.- Amigos/Mecenas da Fundación Vicente Risco, amigos de BenComún Espazo e socios de Vía Vella de Ponte Canedo: 40,00 €
(Para ser Amigos/Mecenas da Fundación Vicente Risco só tendes que facilitar os vosos datos: nome, nif e endezo fiscal. Un teléfono de contacto. Un correo electrónico no que vos comunicar as actividades da Fundación).
2.- Público en xeral: 50,00 €
3.- Entradas soltas: 15,00 €

Películas do IV Ciclo:
– 23 febreiro: “Sherlock Junior”
– 11 maio: “Robin Hood”
– 5 outubro: “O home da cámara”
– 16 novembro: “Häxan. A bruxaría a través do tempo”.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close