Máis
7 Marzo, 2020 22:00
A Corte dos Bois
Santa Ana, 22 32692 Santa Ana Ourense
Organizado Por
A Corte dos Bois
Localidade
Santa Ana (Sandiás)
Este sábado 7 de marzo, ás 22h00, temos o luxo de ser o local onde RISCO van comezar a presentar en directo os seus temas.
RISCO é música de adentro, da nostalxia e da perda. Tamén desa cousa cotiá do amor. Con influencias folk e da música popular hispanoamericana, en torno ás cancións de Carlos Risco reúnense vellos coñecidos, comezando polo seu irmán Ton Risco á batería e o seu vello amigo o guitarrista Antonio Casado, ademáis de antigos compañeiros de andanzas, como o contrabaixista Xurxo Brea e o teclista Álex Salgueiro.
As súas cancións son unha hibridación de Wilco con Caetano Veloso, Rodrigo Amarante ou Richard Hawley, nun castelán directo e sinxelo.
RISCO son cancións de fronteira, folk que une puntos dispersos. Veñen para quedar, e comezan o camiño na Corte dos Bois.
(A foto é de Íñigo de Amescua)