fbpx

Reinterpretando o pasado

Compárteo!

15 Maio, 2019 11:00

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Praza Maior, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Actividade enmarcada dentro da celebración do Día Internacional dos Museos

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade.

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da 25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades.

O Museo Arqueolóxico de Ourense programou, entre outras actividades, este obradoiro no que se propón aos participantes que vexan a súa cidade con outros ollos, usando fotografías do Museo de Ourense. Mediante métodos de aprendizaxe cooperativo analizaranse as escenas representadas, co fin de que os participantes comprendan, analicen e se expresen artisticamente sobre o cambio e evolución das cidades, nas que o pasado e o futuro conviven a diario.

Impartido por Begoña Garrido.

Os días 13 e 14 estará orientado para o alumnado da E.S.O. e os días 15 e 16 para o alumnado de Primaria.

É necesaria inscrición previa.

Público infantil
Inscrición previa.
Entrada de balde

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close