fbpx

Quen fía e tece, ben parece. Obradoiro en Allariz

Compárteo!

28 Decembro, 2019 11:00

Fogar dos Maiores de Allariz

Fogar dos Maiores

Organizado Por

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

Un obradoiro para público infantil para coñecer as técnicas e tecidos tradicionais.

Este taller achegaranos ás técnicas de produción de tecidos como o liño ou a la. Para iso, xs nenxs coñecerán os procesos de obtención das materias en bruto e as técnicas para convertelas en vestimenta a través do emprego de ferramentas e técnicas relacionadas co fiar e o tecer.
Remataremos facendo o noso pequeno colgante ou pulseira para regalar a algunha persoa especial.

Coñeceremos as principais materias primas utilizadas no téxtil.
Usaremos e comprenderemos o funcionamento dos útiles de tecer.
Fomentaremos a creatividade e a expresión artística.
Coñeceremos as características da la e do seu tecido.
Comprenderemos e coñeceremos algúns oficios tradicionais relacionados coa la.

Actividade de balde.
Ata completar capacidade.

Máis info e inscricións en www.celtiatravel.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close