fbpx

Punto de ignición. Carlos Da Aira + fotos de Alexandre Folgoso

Compárteo!

4 Xuño, 2021 19:30

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

A Editora Saurobuks ten o pracer de presentar,o seu último título: Punto de ignición’ o último poemario do alaricano Carlos Da Aira.

Carlos Da Aira é un gran coñecido na escena poética galega, un autor consagrado xa no panorama galego, con outros tres poemarios (máis unha plaquette) e varios premios no seu haber e organizador de dous coñecidos eventos como son o Ponme un Poema! (que se celebra ao día seguinte desta presentación) e o Poemagosto. Festival Internacional de Poesía, ambos en Allariz.

Acompañan este libro fotografías de Alexandre Folgoso (Xinzo de Limia), fotógrafo puramente analóxico que procura o traumatismo nas súas imaxes para tentar golpear as armaduras das nosas conciencias, ferirnos e, desta maneira, que sintamos algo, dunha vez, desde a falsa comodidade na que estamos instaladxs.
Nesta ocasión, para Punto de ignición, opta por continuar na súa liña escura, case gótica, achegando unha perspectiva moi persoal do mundo rural.
Aproveitando esta presentación, o fotógrafo inaugurará no mesmo CSA Cambalhota a exposición cunha selección desta súa obra fotográfica, que ficará instalada ata o domingo 27 de xuño.

A presentación contará ademais con dous acompañamento musicais:
* Mila Da Aira e Arren Sagar
* Dedaleira
O poeta e xs músicxs estableceron unha conexión entre poemas e músicas para dar unha continuidade e un sentido especial á lectura dalgúns dos poemas do libro.

O limiar do libro (‘Limiar do lume’) correu a cargo da poeta Olga Novo, de quen non fai falla engadir moito, mais que, para facernos unha idea, diremos que foi galardoada este ano co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía e que conta cunha bagaxe de anos e anos espallando a súa gran poesía en multitude de medios e modalidades, entre as que se conta o ensino, a súa profesión e paixón.

O libro está adicado, a petición dos autores, a Teresa Álvarez Orbezua, que rexentaba a Tetería Grândola en Ourense, e que faleceu en decembro pasado.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close