fbpx

Pum, pum! Espectáculo infantil con Baobab Teatro n’A Rúa (Valdeorras)

Compárteo!

16 Febreiro, 2019 18:00

Centro Cultural Avenida

Rúa do Progreso, 90, 32350 A Rúa, Ourense

  • Localidade

    A Rúa (Valdeorras)

Pum, pum! é un espectáculo infantil da Compañía Baobab Teatro.

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Pum, Pum! é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: Dende moi pequenos/as teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren.

Elenco: Andrea Bayer e Davide González

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close