fbpx

Proxección e relatorio sobre as Kurdas. Comandante Arianan no Centro Cívico Colón

Compárteo!

2 Marzo, 2019 19:00

Centro Cívico Colón

Rúa Colón 18-20. Ourense

  • Localidade

    Ourense

Proxección e relatorio sobre as Kurdas. Comandante Arianan

O vindeiro sábado, 2 de marzo, proxéctase no Centro Cívico Colón de Ourense, ás 19 horas, a película ‘Comandante Arian’. Este traballo da directora catalá Alba Sotorra tráenos unha historia de loita e liberdade coas mulleres como centro deste documental, no que se presenta o concepto de confederalismo democrático como un dos eixos vertebradores do movemento de liberación Kurdo.

O acto, organizado por CNT-Allariz e o CSA Cambalhota, contará ademais coa presenza dun membro da comuna internacionalista de Rojava que presentase o documental e falaranos das experiencias alí vividas por el mesmo. A guerra en curso contra ISIS en Rojava (Kurdistán Occidental) levou os kurdos e a súa loita pola autonomía e a liberdade á atención internacional como nunca antes debido a que alí están a xurdir conceptos e movementos democráticos baseados nunha democracia radical, a liberación de xénero e a igualdade e a sustentabilidade ecolóxica, entre outros.

CNT-Allariz libros movemento kurdo de liberación e revolución de Rojava

Libros Movemento Kurdo de Liberación e Revolución de Rojava

É incuestionable a influencia das ideas libertarias de Murray Bookchin na actual deriva da loita de liberación do pobo de Kurdistán  (http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/40375  ). A fin de complementar a información achegada polo documental e a conferencia, e  para todas aquelas persoas que desexen profundar nestas cuestións,  desde CNT-Allariz  poñemos á vosa disposición unha serie de libros relacionados coas bases teóricas e influencias do movemento kurdo de liberación e sobre a revolución de Rojava.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close