fbpx

Presentación Libro de Horas, Rebeca Baceiredo

Compárteo!

Comeza en 1 Día, 9 Horas

23 Febreiro, 2019 20:00 - 21:00

El Pueblo Café Cultural

Rúa Hernán Cortés, 26, 32005 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Presentación do poemario Libro de horas da escritora e filósofa ourensá Rebeca Baceiredo, recentemente publicado pola editora Urutau.

Rebeca Baceiredo Pérez, nada en Ourense, é Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento en Filosofía, sobre Deleuze, desenvolve unha liña ontolóxica que posibilita desfacer o suxeito para propor outro tipo de subxectividades.

Algunhas obras da autora (fonte: Wikipedia):

Ensaio:
O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, 2006, Galaxia.
(repeat to fade), 2011, Estaleiro editora.
A revolución non vai ser televisada, 2013, Euseino? Editores.
E meterei a miña Lei no seu peito, 2014, Estaleiro Editora
Capitalismo e fascismo, 2015, Euseino? Editores.
Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras, 2016, Axóuxere.
A verdade errada e a representación errante, 2018, Euseino? Editores.
Animais de estimação e bestas de companhia, 2019, Através.

Poesía:
O canto da Sibila, 2016, Galaxia.
Libro de horas, 2019, Urutau.

Obras colectivas:
A revolución como frecuencia e o comunismo como ontoética, Bolcheviques, Xerais, 2016
Sempre vou coas folerpas da túa nada, Manuel María. Libro colectivo de homenaxe, Deputación de Lugo, 2017

Premios
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2006, por O suxeito posmoderno.
Premio Extraordinario de Doutoramento por Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze
Premio da AELG ao mellor ensaio de 2013, por A revolución non vai ser televisada.

spleen

apenas atopo transos xa
preciso longas vacacións
de cruceiros.
contemplar a altura
dos simples edificios de sublimes
liñas brancas. A curta transcendencia
de Hopper.
preciso gozar
do extático aburrimento
de calquera tarde sen mundo
ao que apelar.

(libro das horas, p. 10)

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close