fbpx

Presentación: La lingua delle cantigas, obra de Pär Larson

Compárteo!

1 Febreiro, 2019 19:30 - 20:30

Biblioteca Pública Municipal de Verín

Av. de Portugal, 11 32600 Verín Ourense

O vindeiro venres 1 de febreiro, ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a Presentación do libro La lingua delle cantigas: Grammatica del galego-portoghese, escrita polo filólogo sueco afincado en Italia, Pär Larson.

Constitúe a primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores da Península Ibérica ‘desde Galicia e Portugal ata o reino de Aragón’, entre finais do século XII e mediados do XIV, para compor tanto poesía lírica sacra (as Cantigas de Santa María de Afonso X) como profana (cantigas de amor, de amigo e de escarnio e mal dizer).

A presente obra viu a luz en Italia, o 11 de outubro de 2018, grazas a editorial Carocci de Roma, un libro pensado e concibido como un manual para a Universidade, pero que, en verdade, é un manual que reviste un grande interese para todos aqueles que miran a a Galicia, que se ocupan ou aman a súa historia e a súa literatura, segundo explica Henrique Monteagudo na Axenda cultural da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega https://axendacultural.aelg.gal/tag/henrique-monteagudo/

O libro vai ser publicado en galego nos vindeiros meses pola Editorial Galaxia.

Na presentación que terá lugar na propia Biblioteca do Concello de Verín, o autor sueco estará acompañado polo tamén filólogo Henrique Monteagudo.

Data: 1 de Febreiro.
Hora: 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close