fbpx

Presentacion do libro “Porca Terra”

Compárteo!

18 Decembro, 2019 20:30

Café Cultural Auriense

  • Localidade

    Ourense

Presentación da nova tradución ao galego de ‘Porca terra’, de John Berger, da man de Xoán Abeleira e Editorial a·lenta.

O tradutor, escritor e xornalista Xoán Abeleira retoma unha nova versión do libro Porca Terra (Pig Earth), a obra que o escritor inglés John Berger publicou en 1979 como primeira parte da súa triloxía Into their Labours, sobre as experiencias da vida labrega europea desde os seus inicios até finais do século XX.

Esta versión actualizada chega  da man da editora coruñesa a·lenta, continuadora do proxecto manchea, que realizou unha tiraxe de 200 exemplares. Destaca a cuberta de papel feito á man, para o que se reciclaron sabas de algodón e se empregaron auga, amidón de arroz, fieitos e extracto de noz, de maneira que os elementos naturais e os procedementos artesanais están presentes no contido e no continente da obra.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close