fbpx

Presentacion do libro DESERTO GARCÍA, de Jorge Emilio Bóveda

Compárteo!

8 Novembro, 2019 20:00 - 21:00

Libraría Eixo

C/ Cardenal Quevedo, 36 Baixo Orense

DESERTO GARCÍA” é a nova novela de JORGE EMILIO BÓVEDA, editada por Galaxia, na que o autor ourensán construe unha obra a medio camiño entre o western e a novela policíaca; co seu estilo característico, Bóveda achéganos un crebacabezas de violencia e unha demostración do difícil que é vivir e deixar vivir, retratando unha sociedade embrutecida e dolorosamente real.

SINOPSIS:

Desiderio García, Garda Civil recentemente prexubilado, decide acudir á remota aldea de Loirás para habitar a antiga casa familiar dos seus avós, coñecidos no lugar como os Touceda. Terá como obxectivo vivir nunha especie de retiro voluntario, afastándose para iso de todo o que foi a sua existencia ata o momento. A súa presenza non será ben recibida, e, pouco a pocou o protagonista comezará a notar que alguén o axexa, o seu receo irá en aumento ao atopar na sua porta restos animais.

Ante as crecentes ameazas á súa vida , Desiderio García comezará a durmir abrazado a súa pistola Mauser…

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close