fbpx

Presentación do Dicionario da Comida Galega, de Xavier Rodríguez Baixeras

Compárteo!

Máis

16 Marzo, 2019 12:30

Praza do Matadoiro, Allariz

Praza do Matadoiro, Allariz

  • Localidade

    Allariz

Dicionario da Comida Galega de Xavier Rodríguez Baixeras

Dicionario da Comida Galega, de Xavier Rodríguez Baixeras

Presentación do Dicionario da Comida Galega. Do abadexo á zorza, de Xavier Rodríguez Baixeras.

O Dicionario da Comida Galega, coeditado por Aira Editorial e Engaiolarte, é unha obra histórica de case 600 páxinas ilustradas que por primeira vez no contorno da cultura ibérica documenta e sistematiza todo o vocabulario vinculado coa alimentación. O seu autor, Xavier Rodríguez Baixeras, compilou durante 15 anos ao redor de 1.000 entradas que non só se consultan senón que se degustan, páxina por páxina.
Fina Rei, empresa mecenas do proxecto, servirá ao acabar o acto unha torrada de canela.

Intervirán o autor, Xavier Rodríguez Baixeras, e o editor, César Lorenzo Gil (Aira Editorial).

 

Aviso: Se estivese de chuvia ese día, o acto trasladarase á Fundación Vicente Risco.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close