fbpx

Presentación de Breviário de heterónimos, de Carlos Rafael

Compárteo!

21 Novembro, 2019 20:30

Tetería Grândola

  • Localidade

    Ourense

Presentación de Breviário de heterónimos de Carlos RafaelPresentación do libro Breviário de heterónimos, compilación de Carlos Rafael e fotografías de Antón Buciños, editado por Saurobuks.

Este traballo “compilado” por Carlos Rafael, Breviário de heterónimos, é un libro onde, a través de distintas formas de expresión literaria que dan voz a Eloi Campos, Karasune Mafarose e demais carnaval de nomes e máscaras dalgún día, o autor dunha maneira sintetizada mais moi certeira fai unha grande literatura acompañada das fotografías de Antón Buciños. Artista, fotógrafo, etc. que día a día nos mostra nas redes e noutros formatos todos os seus pasos e pedaladas que o levan a percorrer lugares urbanos e naturais, de onde extrae imaxes que non poden non ser olladas con asombro.

Os heterónimos de Carlos Rafael, autor ourensán, ao igual que Buciños, dan voz a haikus, cancións, aforismos, relatos… como dicíamos bocados algúns máis grandes e outros máis pequechos, pero que son auténtica alta cociña literaria dun home que leva unha morea de anos adicándose dentro do eido cultural, social, etc. a unha chea de actividades: escribindo, recitando poesía (moitas veces non necesariamente del mesmo), facendo teatro, vinculado á música, inmerso nos movementos sociais ourensáns, etc.

Desde Saurobuks parecíanos non só de recibo senón, dalgunha maneira, de xustiza, que vise publicado este seu primeiro libro alguén que seguramente, coñecéndoo, nunca tivo demasiadas pretensións de facer tal cousa. Mais con nós non lle quedou outra.

É un libro que tardou en chegar, mais, ao fin, está aquí e agardamos que teña a acollida que merece porque poucas veces se edita libros procurando a autoxestión, a colaboración mutua, o desinterese ben entendido, o potenciar o local nesta cidade onde hai un montón de xente facendo cousas desde sempre. O pequeno altamente grande.

O outono está aquí, non o podemos evitar… Construamos unha grande fogueira coas follas secas e brindemos á saúde de Antón Buciños e Carlos Rafael.

Este xoves 21 vémonos no Grándola!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close