fbpx

Presentación de ‘A Xestión Cultural en Galicia’ en Ourense

Compárteo!

12 Novembro, 2019 19:30

Libraría Eixo

C/ Cardenal Quevedo, 36 Baixo Orense

  • Localidade

    Ourense

Presentación de 'A Xestión Cultural en Galicia'A XESTIÓN CULTURAL EN GALICIA chega o martes 12 de novembro (19:30) á Librería Eixo, en Ourense, onde manteremos un encontro con dúas das persoas que participaron no libro.

Por unha banda, Andrea Villa Feijóo, xornalista especializada en comunicación cultural cunha estreita relación co audiovisual; por outra, Uxío Novo, bo coñecedor do financiamento cultural, entre outros ámbitos nos que desenvolve o seu traballo.

Con eles falaremos de Xestión Cultural e poñeremos en común contidos do libro cos seus editores, Marcos Lorenzo e Sergio Lago, nunha conversa aberta ás vosas suxestións e preguntas.

A XESTIÓN CULTURAL EN GALICIA tivo unha primeira difusión dixital, a través do xornal Praza Pública e agora, da man da editorial Andavira, está ao voso dispor en formato libro.
Nas súas páxinas analízase a situación dos mundos da edición, do audiovisual, das artes plásticas, da música, das políticas públicas, do acceso a financiamento, da comunicación e a relación cos públicos ou da esfera dixital, entre outros ámbitos da cultura de nós:

http://edu.xestioncultural.com/publicacions/

Así, este proxecto de coñecemento común crea unha liña de reflexión sobre as principais problemáticas, retos e potencialidades do sistema cultural galego da man de recoñecid*s profesionais e expert*s, como os que nos acompañarán o vindeiro martes 12 de novembro na libraría Trama

Agardámosvos!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close