fbpx

Presentación de A tarde. O desacougo., de Amauta Castro

Compárteo!

22 Xuño, 2019 12:00 - 14:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Presentación de A tarde. O desacougo. de Amauta CastroPresentación de A tarde. O desacougo. de Amauta Castro, obra gañadora do XXXI Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

Acompaña o autor na presentación: Alfonso Rodríguez Rodríguez, poeta e artista multidisciplinar ourensán.

A tarde. O desacougo. é obra de Amauta Castro, pseudónimo literario de Rafael Xoán Muñoz Castro. A obra foi escollida en novembro de 2018 entre todas as presentadas ao Premio por un xurado conformado por Manuel Forcadela, Berta Dávila e Míriam Ferradáns, gañadora do premio en 2016.

Amauta Castro naceu en Barakaldo (“por azar”, di) e viviu en Vigo desde pequeno (“eu son vigués de pro”, engade).
Ademais de poeta, é traductor e participou en diversas publicacións colectivas e antoloxías como Dorna, Antoloxía Poética da Diáspora Galega, Andar21, 0 Ollo Público, 0 poliedro da soidade ou a Revista Ligeia.
Colaborou tamén co suplemento “Altermundo” do xornal Galicia Hoxe. Levou a súa voz a diversos festivais e acción poéticas como o “X Festival de Poesía a les Caves” (Sant Sadurní d’Anoia) e o “Proxecto Catalitzador 2013” (Barcelona). En 2012 publicou o libro Nos muros do mundo (edición de autor) e en 2017 resultou gañador do XXXI Certame de Poesía Rosalía de Castro. Na actualidade reside en Salt (Girona).

A tarde. 0 desacougo., editado por Espiral Maior, forma parte da xa moi extensa colección de poesía deste selo editorial dirixido por Miguel Anxo Fernán Vello.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close