fbpx

Presentación das Barallas de La Chica de la Pisa

Compárteo!

12 Abril, 2019 20:00

Basquiart

Rúa Colón nº30 Ourense

  • Localidade

    Ourense

A baralla de cartas de La Chica de la Pisa (un personaxe galaico non normativo que ten unha relación especial ca pizza) ten de todo menos de discreta. Un compendio de 48 cartas que tratan de amosar unha tradicional baralla española dende un prisma feminista. Deste xeito, as copas pasan a ser copas mentruais, os bastos adquiren forma de dildos, as espadas son cuchillas de afeitar, e os ouros, de pizza.

“Todo comezou unha mañá de agosto baleirando a copa menstrual na Porta do Xurés…” Así comeza a ilustradora palmeirana, afincada en Ourense dende hai xa sete anos. Antía Alberte comeza ca presentación do seu novo proxecto, unha orixinal baralla de cartas coa cal pretende normalizar, a través do humor, aspectos ata agora tabúes da vida cotiá das mulleres occidentais do noso tempo, como a menstruación.

O éxito da primera remesa sobrepasou todas as expectativas e animou a Antía a seguir coa súa producción e a abrir novos puntos de venda. Xa se pode atopar a baralla en tendas e establecementos locais de Ourense como “EnOu” e “Basquiart”, e en Ribeira, o seu pobo natal, están no bar tapería “A Recoveira”.

O venres 12 de abril, ás 20.00 h, estará en “Basquiart Ourense” presentando este ambicioso proxecto, e convidanos a ir, porque, prométenos, as risas serán aseguradas.

Son xa máis de 70 barallas as que andan circulando, e isto só acaba de comezar.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close