fbpx

Prender os fachos, compoñer os ósos. Presentación no Grándola (Ourense)

Compárteo!

30 Xaneiro, 2020 20:30 - 21:30

Tetería Grândola

  • Localidade

    Ourense

– O autor, Carlos Da Aira, presentará e comentará brevemente o poemario ‘Prender os fachos, compoñer os ósos’, co que o pasado 2019 gañaba o 34º Premio de poesía Cidade de Ourense.

– Acompaña o autor Carlos Rafael (poeta, escritor, activista/axitador cultural…), quen comentará así mesmo a súa impresión persoal sobre o poemario.

– Sobre a lectura dalgúns poemas do libro proxectarase unha VIDEO-CREACIÓN de Adriana Pérez (Saurobuks, Redeiras.net…), baseada nos poemas do libro, á que se lle engadiu unha base musical creada por Jesús Andrés Tejada.

Despois pediremos outra na barra, e o público -se o houbese- poderá aproveitar para lanzar preguntas, comentarios, tomates, porros, grelos, cenorias e calquera outra verdura ou hortaliza, sempre que sexa de tempada e con garantía de “quilómetro cero”.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close