Máis
29 Agosto, 2020 20:00
CSA Cambalhota
Camiño Socastelo, 10 Allariz
Organizado Por
CSA Cambalhota
Localidade
Allariz
Aproveitando a fermosa coincidencia de dúas visitas a Allariz, propoñémosvos un serán de colaboración artística e participación aberta da man do cantautor Peru Galbete (Euskal Herria) e a poeta Tamila Alem (Ourense).
Unha actividade que axuntará música e poesía, cancións e poemas, e coas portas abertas a compartirmos espazo e actividade entre todxs.
Sobre xs artistas convidadxs:
Peru compón, toca e, sobre todo, canta para roubarnos o bafo e poñernos os pelos de punta. Por se iso puidese parecervos esaxerado, nada mellor que ofrecervos as probas, é dicir, o seu disco máis recente:
https://perugalbete.bandcamp.com/album/nor-zara-zu
Á Tamila xa moitxs a coñecemos, porque leva participando como poeta en recitais por toda Galiza dende hai unha década. Ademais dos dous títulos propios de poesía publicados cos que conta (Darling bolboreta e Tremenda muller), temos tamén o seu blog que podedes visitar aquí:
https://darlingbolboretas.blogspot.com/