fbpx

Píscore – Concerto con Fusión

Compárteo!

4 Maio, 2019 20:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

Píscore - Concerto con FusiónLogo de cen funciones co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural) e dos premios acadados, Culturactiva S. Coop. Galega e a compañía Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.

Mantendo a anterior e exitosa liña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixe principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos musicais: música latina, rock, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao escenario sen os seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba fai que, o que podería ser un desastre, pase a ser un divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, aos poucos, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible habiliade para crear músicas (con)fusionando estilos e os máis impensables instrumentos.

Comedia musical
Duración: 55 min

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close