fbpx

PI, Outradanza

Compárteo!

3 Febreiro, 2019 18:00

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

    Se observásemos cada elemento que nos rodea a través dun microscopio visualizariamos a simetría das súas formas, as cores nas súas ás, a repetición nas súas follas e descubririamos a perfecta arquitectura que produce a natureza.
    Se todo o que vemos ante os nosos ollos puidésemos descifralo en códigos e diseccionalo chegando ao máis minúsculo detalle das cousas que nos rodean, chegariamos ao puro infinito e avistariamos PI.
    PI é un espectáculo de danza para público infantil e familiar onde entramos nun mundo cheo de curiosos insectos que ao se relacionar desvelan agochados segredos.
    PI é un espectáculo visual, onde o corpo e a súa expresividade nos transporta a un universo microscópico, fragmentado, onde o xeral se torna detalle.

    PÚBLICO FAMILIAR

    Deixa un comentario

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

    The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

    Close