fbpx

Paxaros de prata. Expo fotográfica de Alexandre Folgoso

Compárteo!

Comeza en 2 Días, 5 Horas

26 Xuño, 2021 12:00 - 14:00

Máis Datas

  • 26 Xuño, 2021
  • 27 Xuño, 2021

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allarz

Paxaros de prata. Expo de Alexandre FolgosoPaxaros de prata

Esta exposición fotográfica amosa o universo poético de Alexandre Folgoso, no que o misterio e a maxia son protagonistas. Unha imaxe evocadora, igual ca un poema, é unha porta que dirixe a un lugar descoñecido, abrindo novos mundos de posibilidades infinitas.
As fotografías que conforman “Paxaros de prata” son pequenos haikus simbólicos que atopan no misticismo da noite e nas terras da Limia o seu pano de fondo. Sendo cada fotografía un paxaro de prata agardando a que a espectadora lle permita voar na súa imaxinación.
Biografía do autor

Alexandre Folgoso (Galiza, 1996), é un fotógrafo e filólogo especializado en estudos literarios. Na súa obra explora a relación entre fotografía e motivo poético, nutríndose da simboloxía e do substrato cultural galego na procura dun universo poético propio. Acredita na fotografía analóxica como medio de creación, considerando a fotografía química máis cercana á artesanía da imaxe.
En canto a súa traxectoria artística, a súa obra formou parte de varias exposicións individuais e colectivas sendo seleccionado no último de certame de “Novos Valores” convocado pola Deputación de Pontevedra. O seu traballo ten sido publicado en medios especializados tales como Caleidoscópica (Caderno de fotografía galega) ou Contrafotografía, e tamén en numerosas publicacións independentes.
No CSA Cambalhota de Allariz, ata o 27 de xuño, en horario:
sábados de 12h a 14h e de 19:30h a 21:30h
domingos de 12h a 14h

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close