fbpx

‘Patapatúm – Elefante Elegante’ no Auditorio de Ourense

Compárteo!

10 Febreiro, 2019 12:00

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

Sorpresa! Unha montaña de agasallos! Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Os máis pequenos non dan feito entre tanto xoguete. E os maiores, atados pola espiral do tempo, non son quen de facer un oco na súa axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.
Patapatúm é a reflexión do Elefante Elegante sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Patapatúm é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada na música dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá.

Sala principal
Público infantil, entre 3 e 8 anos
Teatro xestual
Duración 45 minutos

2 Sesións:
18:00h e 19:00h
Sala Apego
Duración 35 min
Prezo: 3€

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close