Máis
18 Xullo, 2020 11:00 - 14:00
Allariz
Allariz, Ourense
Organizado Por
Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural
Descubre con nós todos os espectaculares recunchos da vila de Allariz, as súas interesantes historias e as misteriosas lendas, a través dun paseo polas súas rúas onde nos deleitaremos con xoias do románico como a Igrexa de Santiago, lugares cheos de encanto como a Praza do Couto, con algún segrediño agochado, ou a inspiradora tranquilidade do paseo ás beiras do río Arnoia.
Un paseo cheo de historia e historias cunha sorpresiña polo medio.
Queres saber de que se trata? Anímate e ven de visita con nós!
Info e inscricións: https://www.celtiatravel.com/evento/un-paseo-por-allariz/
- Quedamos en: Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz.
- Ver punto exacto de encontro no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 11:00 horas.
- Duración: 2 horas (aprox.).
- Distancia recorrida: 3 km.
- Dificultade: baixa (apta para nenos).
- Máximo participantes: 12pax.
- Importante levar calzado cómodo.
- Apto para todos os públicos.
- Adultos e nenos a partir de 12 anos: 12 €/pax.
- Menores de 12 anos: gratis.
- O prezo inclúe: acompañamento na visita, seguro RC, explicacións interpretativas por Guía Oficial de Turismo, IVE.