fbpx

PARKOUR NA VILA. Sábados na Mocidade Allariz

Compárteo!

21 Marzo, 2020 11:30 - 13:30

Casa da Mocidade (Allariz)

Rúa da Liberdade, 2, 32664 Allariz

Organizado Por

Concello de Allariz

988680434

  • Localidade

    Allariz

Sábados na mocidade. AllarizO programa “Sábados na mocidade”, promovido dende a Concellería de Mocidade do Concello de Allariz, desenvolverán unha programación de ocio para a xente moza mediante actividades lúdicas, deportivas e culturais que se levarán acabo durante algúns sábados de febreiro, marzo e abril.

FEBREIRO

15 e 22 de febreiro 
de 11:30h a 13:30h. Prezo: 10€ – Estudantes / parados: 6€
ILUSIONISMO, MAXIA E SORPRESA
Achégate, dende lonxe ou dende preto, ás principais técnicas da maxia. Observa, xoga e sorprende! Cartas, números, trucos e ilusión para todos e todas!

29 de febreiro 19:30h. De balde.
ENDOMETRIOSE: A EPIDEMIA OCULTA
Charla coloquio.

MARZO

15 e 22 de marzo de 11:30h a 13:30h. Prezo: 12€ – Estudantes / parados: 8€
DESCUBRIR A FOTOGRAFÍA CO TEU MÓBIL
Con este obradoiro procuraremos achegarnos á fotografía como actividade creativa e expresiva, utilizando un dispositivo tan popular como é o teléfono móbil. Descubrirás, coas técnicas básicas da fotografía, unha linguaxe e cultura visual coas que sacarlle partido ás novas tecnoloxías dun xeito ameno e práctico.


21 e 28 de marzo de 16:00h a 19:00h. Prezo: 10€ – Estudantes / parados: 6€
PARKOUR NA VILA!
Salta, trepa, divírtete! Todo nun ambiente natural, aproveitando o teu corpo e a arquitectura da túa propia vila!

ABRIL

CINEMA NAS VACACIÓNS! Prezo: 3€ – Estudantes / parados: 2€

4 de abril 19:00h.
Camilo, o último guerrileiro de Galicia
Documental que narra a vida de Camilo de Dios, figura trascendental na guerrilla antifascista e imprescindíbel para coñecer a memoria histórica.

11 de abril 19:00h.
Black is Beltza
Fermín Muguruza conta a historia de Manex. Abocado a unha longa viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers ou psicodelia proto-hippie dos primeiros festivais de música.

INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • Todas as actividades están abertas ao público de todas as idades, a partir de 13 anos, tendo preferencia, no caso de límite de prazas, a mocidade de 13 a 33 anos.
  • ESPAZOS: Todas as actividades terán lugar na Casa da Mocidade, excepto o cinema que se proxecta no local de BENCOMÚN ESPAZO (Praza Torre Lombarda, 1 Baixo).
  • Para o terceiro trimestre botámonos ao monte con saídas, coñecemento de plantas e ornitoloxía. Tamen astronomía, edición de vídeo, Carvalho Calero e as Letras Galegas, alén de cinema!
  • Para máis información ou para ir coñecendo a programación de Sábados na Mocidade, poderase consultar calquera dúbida na Casa da Mocidade, no correo mocidade@allariz.com ou no teléfono 988680434.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close