Máis
21 Marzo, 2020 11:30 - 13:30
Casa da Mocidade (Allariz)
Rúa da Liberdade, 2, 32664 Allariz
Organizado Por
Concello de Allariz
988680434
Localidade
Allariz
O programa “Sábados na mocidade”, promovido dende a Concellería de Mocidade do Concello de Allariz, desenvolverán unha programación de ocio para a xente moza mediante actividades lúdicas, deportivas e culturais que se levarán acabo durante algúns sábados de febreiro, marzo e abril.
FEBREIRO
15 e 22 de febreiro de 11:30h a 13:30h. Prezo: 10€ – Estudantes / parados: 6€
ILUSIONISMO, MAXIA E SORPRESA
Achégate, dende lonxe ou dende preto, ás principais técnicas da maxia. Observa, xoga e sorprende! Cartas, números, trucos e ilusión para todos e todas!
29 de febreiro 19:30h. De balde.
ENDOMETRIOSE: A EPIDEMIA OCULTA
Charla coloquio.
MARZO
15 e 22 de marzo de 11:30h a 13:30h. Prezo: 12€ – Estudantes / parados: 8€
DESCUBRIR A FOTOGRAFÍA CO TEU MÓBIL
Con este obradoiro procuraremos achegarnos á fotografía como actividade creativa e expresiva, utilizando un dispositivo tan popular como é o teléfono móbil. Descubrirás, coas técnicas básicas da fotografía, unha linguaxe e cultura visual coas que sacarlle partido ás novas tecnoloxías dun xeito ameno e práctico.
21 e 28 de marzo de 16:00h a 19:00h. Prezo: 10€ – Estudantes / parados: 6€
PARKOUR NA VILA!
Salta, trepa, divírtete! Todo nun ambiente natural, aproveitando o teu corpo e a arquitectura da túa propia vila!
ABRIL
CINEMA NAS VACACIÓNS! Prezo: 3€ – Estudantes / parados: 2€
4 de abril 19:00h.
Camilo, o último guerrileiro de Galicia
Documental que narra a vida de Camilo de Dios, figura trascendental na guerrilla antifascista e imprescindíbel para coñecer a memoria histórica.
11 de abril 19:00h.
Black is Beltza
Fermín Muguruza conta a historia de Manex. Abocado a unha longa viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers ou psicodelia proto-hippie dos primeiros festivais de música.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
- Todas as actividades están abertas ao público de todas as idades, a partir de 13 anos, tendo preferencia, no caso de límite de prazas, a mocidade de 13 a 33 anos.
- ESPAZOS: Todas as actividades terán lugar na Casa da Mocidade, excepto o cinema que se proxecta no local de BENCOMÚN ESPAZO (Praza Torre Lombarda, 1 Baixo).
- Para o terceiro trimestre botámonos ao monte con saídas, coñecemento de plantas e ornitoloxía. Tamen astronomía, edición de vídeo, Carvalho Calero e as Letras Galegas, alén de cinema!
- Para máis información ou para ir coñecendo a programación de Sábados na Mocidade, poderase consultar calquera dúbida na Casa da Mocidade, no correo mocidade@allariz.com ou no teléfono 988680434.