fbpx

Papar sen cancelas. Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei en Baños de Molgas

Compárteo!

15 Agosto, 2019 20:30

Parque Ansuíña, Baños de Molgas

Parque Ansuíña, Baños de Molgas

  • Localidade

    Baños de Molgas

Culturactiva ten o pracer de convidarvos a Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet do mellor humor galego.

Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei son tres linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas e, como os mellores menús, linguas para todos os gustos!

Poderedes presenciar as artes de tres anfitrións cómicos preparando a Gala de entrega dos Premios Galegos do Ano, no que teñen cabida desde as figuras máis sobranceiras do panorama galego actual ata un menú plurilingue, pasando por unha longa serie de situacións cómicas que nos definen como pobo. Todo isto pasado pola peneira deste trío de cómicos xa clásico, que inclúe a crítica ácida, a loucura (case) sen límites e a improvisación continua.

Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor!

Observación da versión con necesidades técnicas: Ao remate do espectáculo, no recibidor do teatro, ofréceselle ao público un petisco e un viño galego. Un remate cunha verdadeira festa gastronómica para Papar sen cancelas.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close