fbpx

Paisaxes en Narración. Curso de Verán en Allariz

Compárteo!

Comeza en 10 Días, 15 Horas

29 Xullo, 2019 a 31 Xullo, 2019 10:00 - 20:00

Máis Datas

  • 29 Xullo, 2019
  • 30 Xullo, 2019
  • 31 Xullo, 2019

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Paisaxes en Narración
Organizan: Concello de Allariz, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela.

⇒ Visualiza e/ou descarga o programa completo con toda a información.

OBXECTIVOS XERAIS

A investigación a realizar no obradoiro diríxese a descubrir, recoñecer e re-crear o imaxinario que destes lugares teñen os seus observadores, tanto habitantes como turistas.

O obxectivo é rexistrar os elementos que definen os rasgos de identidade do lugar, a partir da análise perceptual do espazo e do recoñecemento dos significados a eles asociados pola comunidade. Tamén se dirixe ao coñecemento de proxectos que afectan ao imaxinario das novas ruralidades (Camiños de Santiago, denominacións de orixe, proxectos de intervención paisaxística…).

PROGRAMA

Día 1. Luns 29 xullo

10:00-10:30 Inauguración. Cristina Cid, alcaldesa Concello de Allariz; José Manuel Andrade, Director
Fundación Juana de Vega; Rubén Lois, director do curso ou Ma José Piñeira, directora do
curso.
10:30-11:15 A narración do lugar como proxecto creativo. Susana Sánchez Arins, escritora.
11:15-11:45 Pausa café
11:45-12:30 Lecturas na paisaxe: símbolos e identidades.Marta Somoza, Dr. Arquitecta.
12:00-18:00 Excursión a zona 1. Armea, Souto (con pausa para a comida con bocadillo)
18:00-20:00 Traballo dos grupos

Día 2. Martes 30 xullo

9:30-10:30 Traballo dos grupos
10:30-11:15 Os Camiños de Santiago. Entre o descubrimento e a invención. Rubén Lois, Catedrático de
Xeografía Rexional, USC.
11:15-11:45 Pausa café
11:45-12:30 Creación de novos discursos a través dos proxectos de paisaxe.
Isabel Aguirre, Arquitecta, Directora Escola Galega da Paisaxe.

12:30-18:00 Excursión a zona 2. Santa Mariña- Santa de Pedra (con pausa para a comida con bocadillo)
18:00-20:00 Traballo dos grupos

Día 3. Mércores 31 xullo

9:30-10:30 Traballo dos grupos
10:30-11:30 A renovación dos símbolos no territorio . Manuel García Docampo, Sociólogo
11:30-12:00 Pausa café
12:00-14:30 Traballo dos grupos
15:30-17:00 Traballo dos grupos
17:30-18:30 Presentación de traballos e clausura do curso

CRÉDITOS E DIPLOMA DE ASISTENCIA
A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2019 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu estudantado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:
1 crédito por cada curso de menos de 25 horas

IMPORTE DA MATRÍCULA
Taxa xeral: 70 € para os cursos de menos de 25 horas

Taxa reducida (aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC): 40 € para os cursos de menos de 25 horas

PRAZO DE MATRÍCULA
Ábrese o prazo o 15 de maio
Acaba o prazo: 19 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 29 de xullo

CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN
http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran – cursosdeveran@usc.es

Campus de Compostela: Área de Cultura – Casa da Balconada, Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103

Campus de Lugo: Área de Cultura – Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
Teléfono 98221513

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close