fbpx

Pablo Castaño Quartet no Café Latino

Compárteo!

17 Abril, 2019 23:00

Café Latino

Praza de Sta. Eufemia, 7 Ourense

  • Localidade

    Ourense

FESTIVAL JAZZ PRIMAVERA 2019Pablo Castaño Quartet en concerto no Café Latino, dentro do programa do XXIII Festival de Jazz Primavera 2019.

Pablo Castaño é saxofonista, arranxista e compositor. Despóis de recibir unha bolsa de estudos e obtendo o BFA en Jazz Performance sendo “first of the class” na New School University (NYC) no 2007, Pablo Castaño estivo residindo como músico freelance na cidade de New York.
Neste período traballaría de”sideman”en concertos e gravacións con Tom Abbott, Stan Rubin, José James, Eyal Vilner, Wade Burnes, Bobby Sanabria, Woogie Lee, Art Lillard, Youngmin You e Félix Endico entre outros moitos artistas destacados da escena jazzística newyorkina. Smalls, Minton ‘s Playhouse, Fat Cat, lridium, Jazz Garage, Carnegie Club, Swing 46, Jazz Lincoln Center ou a convención do “Jazz Impro Magazine”, eran os escenarios habituais nos que Pablo Castaño desenvolveu a súa carreira profesional como músico de jazz na cidade estadounidense.

Xa de volta no país, ademáis de colaborar regularmente con Xacobe Martínez, Marcos Pin, Abe Rábade, lago Fernández, Yago Vázquez ou Marcelino Galán, lidera o seu propio septeto e trío.
En 2009 participa na xira e gravación en DVD Descarga ao Vivo Cuba-Galiza. En 2011 forma parte do elenco de músicos da recoñecida producción do Centro Dramático Galego “A opera dos 3 reás” (Bertol Brecht-Kurt Weill) dirixida por Quico Cadaval, coa que xira polos principias salas de teatro de España. Ademaís exerce a docencia no Conservatorio de Grado Medio de Ribeira e na Escola Estudio. Tamén imparte varios seminarios de jazz (Merza, Rianxo, Bandeira …)

Entre as súas gravacións destacan as colaboracións con Marcelino Galán “Zinco”(2007) e “The Gift”(2013) Xacobe Martínez “Trio”(Free Code Jazz Records 2008) Jose James! “Black Magic” (2009) Carlos López “Last Minute Project”(2009) “Descarga ao Vivo CubaGaliz”(2009), Youngmin You “First Love”(2010), Félix and the Cats (2010) Eyal Vilner Big Band “Introducing”(2011), Marcos Pin “Barbanza”e “Broken Artist”(2016) Rafa Fernández (2013), Ton Risco “Impronunciable”(2013) Alfonso Calvo e Ángeles Dorrío “Ten Soul”(2014). Participou ademáis na gravación de varias bandas sonoras destacando a de “Met in New York”(Sergio Pena/Abe Rábade) e Bacteria Mutante (Suso Alonso).

En 2018 grava o seu primeiro disco como líder titulado A-la-láa no que aprobeita a liberdade interpretativa deste tipo de pezas para explorar novos campos improvisatorios. Tamén colidera unha Big Band xunto a Marcos Pin.

Pablo Castaño saxos
Yago Vázquez piano
Demian Cabaud contrabajo
Max Gómez batería

Entrada: 10€

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close