fbpx

Ourense – Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino

Compárteo!

22 Xaneiro, 2019 17:00 - 19:00

Centro Cívico A Ponte

Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Comezamos as actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” no 2019 en Ourense con este coloquio a cargo de Antón Mouriz, pai adoptado e coordinador do programa:

– Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino.

Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…
Nesta charla/coloquio contaremos con Antón para relatarnos a súa viaxe a China no 2018. A través do seu relato tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…

DATA: 22/01/19
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close