fbpx

Ouaga Girls no Cineclube Padre Feijoo

Compárteo!

7 Marzo, 2019 19:00 - 21:55

Cineclub Padre Feijóo Ourense

Rúa Ramón Cabanillas, 1, 32004 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Cando precisamente estamos a piques de chegar ao 8 de marzo, temos a primeira oportunidade (que recordemos) de presentar un documental feito en Burkina Faso…a terra dos homes íntegros.
Ouaga Girls expón desde os primeiros minutos que as sociedades africanas están en movemento e son creativas. A súa directora bérrao aos catro ventos mostrando unha visión transversal da vida de varias mozas que se enfrontan á inevitable e difícil transición universal da adolescencia á vida adulta neste país de África occidental.

O filme lanza unha mensaxe: o poder de vontade e a capacidade de recuperación destas mulleres novas, bañadas de incerteza, é asombroso.
(Sebastián Ruíz, El País)

OUAGA GIRLS de Theresa Traoré Dahlberg, proxéctase este XOVES 7 de MARZO ÁS 19 HORAS (de balde), no salón de actos da Biblioteca pública da  Casa da Cultura de Ourense, grazas á Oficina de actividades culturais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, coa que colaboramos para estender unha programación dun documental ao mes.

SINOPSE:
Na capital de Burkina Faso, Ouagadougou, un grupo de nenas estudan nunha escola para converterse en mecánicas de automóbiles. Nun país cun 52% de desemprego xuvenil e un pasado triste, atopar traballo é unha das grandes preocupacións da xuventude. A película é unha descrición poética do que significa ser unha muller nova hoxe en Burkina Faso.

Premios:
2018: Festival internacional de cinema de Beldocs (Serbia) mellor documental xurado novo
2018: Festival Filministes (Canadá) premio Espoir

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close