fbpx

Os vellos namorados no Teatro Principal de Ourense

Compárteo!

22 Marzo, 2019 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

grupo de teatro do Espazo +60 Afundación presenta o 22 de marzo no Teatro Principal de Ourense, a obra Os vellos namorados, unha adaptación realizada polo director do grupo de teatro, Víctor Díaz Barús, de Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

Esta farsa en tres actos e epílogo satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes. Tres amores tardíos, tres vellos que se namoran de tres novos, e como estas aprovéitanse deles nun xogo de comedia. A peza mostra o medo á soidade humana e a necesidade de amar e ser amado.

No epílogo, os vellos, xa mortos, ironizan entre eles, entendendo o seu erro de namorarse na vellez, xa que o amor a destempo está condenado ao fracaso.

O grupo de teatro do Centro fórmase na década dos oitenta, cando un grupo de socios afeccionados reúnense e comezan a dar os seus primeiros pasos presentando monólogos e obras curtas. Coa axuda do seu profesor e director, Víctor Díaz, ese mesmo ano con motivo do XXV aniversario da inauguración do Centro debutan cunha obra de Molière, e organízase o I Encontro de Grupos de Teatro. Ata o día de hoxe recibiron numerosos premios en distintos certames.

Prezo entrada: 5€.
A recadación será para AECC, organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios e colaboradores. Traballan unidos para educar en saúde, apoiar e acompañar ás persoas enfermas e as súas familias, e financiar proxectos de investigación que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close