fbpx

Os Bolechas. Somos unha gran familia en Nogueira de Ramuín

Compárteo!

Comeza en 9 Días, 17 Horas

28 Xullo, 2019 12:00

Grupo Escolar, Nogueira de Ramuín

Grupo Escolar, Nogueira de Ramuín

  • Localidade

    Nogueira de Ramuín

 Os Bolechas. Somos unha gran familiaSomos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos.

Os Bolechas non podían faltar á súa cita anual co FalaRedes. Sonia, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Braulio, acompañados polo seu fiel can Chispa, pararán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para falarlles aos máis pequenos da casa dos membros da familia.

Somos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco e descubrirán a importancia da familia. A dinamización lingüística prolongarase tras a fin do espectáculo mediante un web interactivo onde o público poderá acceder a xogos e unidades didácticas, así como a un sorteo de libros dos Bolechas.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close