fbpx

Odhecaton no Festival Pórtico do Paraíso

Compárteo!

15 Marzo, 2019 21:00

Catedral de Ourense

Praza do Trigo, s/n 32005 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Concerto do grupo vocal Odhecaton na Catedral de Ourense dentro da programación do XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso

Odhecaton debe o seu nome ao primeiro libro de polifonía impreso en 1501 por Ottaviano Petrucci en Venecia, Harmonice Musices Odhecaton. A palabra deriva do grego odè (‘canción’) e ècaton (‘cen’), pois o libro era unha recompilación de 100 cancións.

Dirixido por Paolo Da Col desde a súa fundación en 1998, o grupo vocal masculino Odhecaton reúne algunhas das mellores voces de Italia e converteuse en todo un referente na música vocal e na interpretación do repertorio do Renacemento e do Barroco, sobre todo do repertorio de compositores como Jacob Obrecht, Josquin Desprez e Loyset Compère. Nos programas máis recentes incluíronse tamén obras de varios compositores contemporáneos.

As súas gravacións foron recoñecidas con distintos galardóns, como o Diapasón d’or, o Choc de la musique, o Disco del mese, o CD of the year, concedidos por distintas publicacións internacionais como Le Monde de la Musique, Amadeus, CD Classics e Goldberg. En varias destas gravacións, recolléronse obras de Roland de Lassus, Gombert, Palestrina, Josquin Desprez, Peñalosa ou Compère, pero tamén axudaron a recuperar parte do repertorio español e portugués do século XVII.

Os seus CD, premios e nivel de especialización leváronos a participar nos grandes festivais europeos e a colaborar con algúns dos mellores músicos e grupos instrumentais como Concerto Palatino, Gabriele Cassone, Liuwe Tamminga, Paolo Pandolfo, Jakob Lindberg ou Andrea De Carlo co Ensemble Mare Nostrum.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close