fbpx

O triángulo inscrito na circunferencia, 37 anos despois

Compárteo!

12 Abril, 2019 20:00

Libraría Eixo

C/ Cardenal Quevedo, 36 Baixo Orense

  • Localidade

    Ourense

Libraría EixoA Libraría Eixo comprácese en recibir a dúas das personalidades máis representativas da cultura e das letras galegas da actualidade. Trátase do escritor, xornalista, editor e actual presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, que virá acompañado de Antón Riveiro Coello, un dos autores máis representativos das letras galegas na actualidade.

Ámbolos dous achéganse a Eixo para falarnos da reedición que Galaxia saca neste ano de O triángulo inscrito na circunferencia, título fundamental das nosas letras máis recentes, publicado en 1982 e co que un novísimo Victor Freixanes, gañaba o Premio Blanco Amor e o Premio da Crítica.

O triángulo inscrito na circunferencia, que supuxo cando se publicou unha auténtica revolución no panorama literario, volta 37 anos despois, sendo xa un clásico da literatura galega. Ambientada en Vilanova de Alba, cidade imaxinaria detrás da que se esconde a propia Galicia, constitúese nun maxistral relato que mestura imaxinación e realidade; é a primeira parte da que sería a triloxía completada despois con A cidade dos Césares (1993) e Cabalo de ouros (2010).

Achegádevos. Unha oportunidade que non deberiades deixar pasar.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close