fbpx

O Testamento Vital. Charla-Coloquio e curtametraxe ‘Alumbramiento’

Compárteo!

29 Febreiro, 2020 11:00 - 14:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

  • Localidade

    Allariz

O Testamento Vital. Charla Coloquio e curtametraxeTESTAMENTO VITAL (Unha boa morte para tod@s)

O vindeiro sábado 29 de febreiro a partir das 11.00h da mañá xuntarémonos para falar sobre a morte e abrir unha porta ao bo morrer.
Teremos unha charla-coloquio sobre o Testamento Vital (DIP- Documento de Instruccións Previas) e Acompañamento. Tamén proxectaremos a curtametraxe “Alumbramiento”, de Eduardo Chapero-Jackson.

A tarefa de afrontar a morte e o bo morrer é unha responsabilidade do propio individuo, a súa contorna e a sociedade. O acompañamento á morte precisa de ser identificado como un privilexio para as persoas, de todas as persoas. Establecer comunicación coa nosa morte a través da morte doutras persoas é unha ensinanza ao alcance das nosas mans. Compartir esta ensinanza crea colaboración para o bo trato e a comprensión dunha experiencia ineludible.

“De feito hai moita culpabilidade nos coidadores e nos familiares ante a morte de alguén. O medo que supón abordar a cuestión da morte na contorna dun moribundo ten que ver con dar a impresión de que un se rende, e por tanto, que vai ser abandonado. A conspiración do silencio que se crea entón entraña moito sufrimento por ambas as partes.” (Marie de Hennezel)

“Alumbramiento” (Sinopse)

“Alumbramiento” é a segunda parte dá triloxía “A contraluz”, tres curtametraxes de Eduardo Chapero-Jackson. Unha familia vive a agonía do máis ancián dos seus membros, o que reflicte as diferentes formas de enfrontarse á morte.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close