fbpx

O Tempo na Luparia. Proxección na Fundación Vicente Risco Allariz

Compárteo!

7 Marzo, 2020 20:30

Fundación Vicente Risco

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

  • Localidade

    Allariz

O Tempo na Luparia DocumentalProxección na Fundación Vicente Risco (Allariz) do documental de Plácido Romero O tempo na luparia.

Entrada libre até límite de capacidade.

SINOPSE
Un hixiénico exercicio de memoria cunha perspectiva lírica realizado con imaxes tomadas na antiga Luparia, entre os anos oitenta do século pasado e a actualidade. A historia, a etnografía, a política, a pegada indeleble do gran etnógrafo Xaquín Lorenzo, a vida cotiá e as súas particularidades móstranse como situacións e episodios reais que son no transcorrer do tempo. Pero tamén nun tempo que se instalou, estático, na súa esencia, determinándoa e definíndoa. Reinventarase a comunidade que aquí habita para sobrevivir nun mañá dominado pola tecnoloxía e a intelixencia artificial? Aínda existe a ilusión e a esperanza dunha vitoria sobre o desalento?

FICHA TÉCNICA
Título orixinal: “O Tempo na Luparia”.
Dirección e Guión: Plácido Romero.
Produción : Arraianos Producións.
Dirección de produción e produción executiva: Plácido Romero.
Edición: Mariana Romero e Plácido Romero.
Música: Daniel Romero, Enrique Rivero, Manuel Santa Comba.
Fotografía: Plácido Romero.
Etalonaje: Mariana Romero.
Son: Sebastián Mato.
Participantes: Veciños de todo o Concello de Lobeira.
Xénero: Documental.
Idioma orixinal: Galego.
Subtítulos: Castelán.
Rodada en Lobeira, Galicia
Duración: 60 minutos.

BIOFILMOGRAFÍA DO DIRECTOR
Plácido Romero Bernardo (Verín, Ourense), foi profesor de Ensino Medio, en Galicia. Traballou e formouse a diferente niveis para a introdución dos medios audiovisuais como instrumento e método didáctico da Historia e as Ciencias Sociais durante a década dos 90 do século pasado. Dirixiu e produciu varias pezas audiovisuais de contido didáctico nese campo. Realizou cursos, talleres e”work in progress”con Víctor Erice, José Luis Guerín, Pedro Costa, Mercedes Álvarez e Nicolas Philibert. Estivo integrado en”Arraianos Producións” onde colaborou intensamente nos documentais de Aser Álvarez “100% CEF”,”Sísifo Confuso, Traballos e días de Francisco Leiro”e “Traballo Animal”.

Dirixe, e realiza en solitario o documental “Cesteando” (2016) “Fronteiras de Enerxía Animal” (2017), “O tempo na Luparia” (2018).
Todos estes traballos obtiveron premios e recoñecementos en España, Europa e América. Acaba de facer dous documentais sobre a figura do periodista, escritor, dramaturgo e humorista verinés Enrique Gómez Pato. Un deles, “Petiscos de Pato” recibiu o premio á mellor curtametraxe documental no festival RIR 2019 de Allariz e “Conversas e petiscos de Pato” foi estreado o pasado día 30 na Casa da Cultura de Verín.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close