Máis
7 Decembro, 2019 20:00
Teatro Lauro Olmo
Calle Estación 1, 32300 O Barco De Valdeorras, Ourense
Localidade
O Barco De Valdeorras

O rueiro das liortas é unha proposta de dinamización da lingua galega, destinada a todos os públicos desde os oito anos de idade, inspirada na comedia da arte italiana e no teatro popular que se mergulla na vida dunha parella e nas dificultades para manter vivo o amor.
O dinamismo dos elementos escenográficos que representan diferentes espazos, un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes e un neno e unha nena que fan valer a súa verdade son os ingredientes desta comedia iniciática. A obra, vista desde unha óptica feminina, ofrece a súa particular visión dunha realidade na que as persoas teñen por afección meter o nariz onde non as chaman.
Na liña dos espectáculos creados por Elefante Elegante, teatro visual baseado no texto e no movemento, a peza busca a universalidade e fusiona a palabra con outras linguaxes coma o teatro físico, a danza ou as artes plásticas e visuais. O obxectivo é que a cativada e a mocidade se acheguen ao teatro en lingua galega por medio dunha obra de coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e a palabra van dan man.