fbpx

O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, de Clara Campoamor. Presentación

Compárteo!

1 Outubro, 2019 20:30

Casa Otero Pedrayo (Trasalba)

  • Localidade

    Trasalba

O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu de Clara Campoamor. PresentaciónO martes 1 de outubro terá lugar, na Casa Otero Pedrayo de Trasalba, a presentación de O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, de Clara Campoamor, editado por Editorial Galaxia na colección FEMINISMOS. Nela, intervirán Celia Pereira Porto, a editora do libro, e Fernando Fernández, en representación da Editorial Galaxia.

O acto contará co acompañamento musical da man da violinista Tatiana Kostomarova, e tamén haberá viño e petiscos por cortesía de Adega Terras Mancas.

A libraría Punto e coma terá un punto de venda de libros para quen desexe adquirilo.

Programa:
1. Intepretación do himno de Riego a cargo de Tatiana Kostomarova
2. Intervención de Francisco Castro
3. Interpretación de “Cortège”, de Lili Boulanger, a cargo de Tatiana Kostomarova
4. Intervención de Celia Pereira
5. Interpretación do himno das mulleres libres a cargo de Tatiana Kostomarova

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close