fbpx

O LIBRO CERO, de Jorge Emilio Bóveda. Presentación

Compárteo!

30 Abril, 2021 19:30

Libraría Eixo

C/ Cardenal Quevedo, 36 Baixo Orense

O LIBRO CERO PresentaciónTemos de novo o gran pracer de acoller en Eixo a presentación do último libro de Jorge Emilio Bóveda.
Desta vez será o 30 DE ABRIL ÁS 19:30 horas, e virá acompañado polo tamén escritor ourensán Xerardo Méndez, para falarnos de O LIBRO CERO, unha historia protagonizada por Pastor Páez, antigo policía nacional, introvertido e cataléptico, decidido a atopar o punto cero da sua vida e mesmo do mundo.
Agardámosvos na presentación dunha novela da que se resalta a orixinalidade da sua estructura e, coma sempre, o seu aire galego e mesmo ourensán. Con Bóveda temos xa experiencia bastante para asegurarvos unha horiña ben interesante. Animádevos.
Sinopse:

“Pastor Páez, antigo policía nacional, introvertido e cataléptico,sente a necesidade de comezar todo novamente; de topar o punto cero do mundo e da súa vida. Para iso embárcase nunha viaxe por varios países semellándolle pouco a pouco que a súa vida anterior tece un mecanismo invisible que marca os seus pasos, teimando en levalo de cabeza a un fin insospeitado de consecuencias estarrecedoras.

 

Unha novela metaliteraria de grande orixinalidade que se move entre varios xéneros recoñecibles e cuxa estrutura supón un cadro; unha litografía de escaleiras que se soben a si mesmas que ben podería ser da autoría de Escher.”

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close