Máis
12 Febreiro, 2019 21:00 - 22:40
BenComún Espazo
Torre Lombarda, 1 Baixo Allariz
988 680 892
Localidade
Allariz
2ª Proxección da película O león dorme esta noite no Teleclube do BenComún Espazo de Allariz.
Dúas datas / proxeccións:
1.- luns 11 febreiro ás 20h
2.- martes 12 febreiro ás 21:00h (OLLO! adiantamos media hora con respecto a anteriores proxección en martes)
Para asistir á proxección debes adquirir un pase individual. Preme aquí para ver as condicións na sección TELECLUBE web de BenComún Espazo
PREZOS:
Tripulantes Teleclube: 3€
Non Tripulantes: 7€
Sinopse:
Jean, un nomeado actor de cinema, é convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista d‘Os 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.
Ficha da película:
- Título orixinal: Le lion est mort ce soir
- Ano: 2017
- Duración: 103 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Nobuhiro Suwa
- Elenco: Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard
- Montaxe: Martial Salomon
- Dirección de arte: Inès De La Bevière
- Son: Floren Klockenbring, Emmanuel Croset
- Música: Olivier Marguerit
- Fotografía: Tom Harari
- Produtora: FILM-IN-EVOLUTION, Les Productions Balthazar, Bitters End (Francia-Xapón)
- Distribuidora: NUMAX Distribución