fbpx

O león dorme esta noite no Teleclube BenComún Allariz. 2ª proxección

Compárteo!

12 Febreiro, 2019 21:00 - 22:40

BenComún Espazo

Torre Lombarda, 1 Baixo Allariz

988 680 892

2ª Proxección da película O león dorme esta noite no Teleclube do BenComún Espazo de Allariz.

Dúas datas / proxeccións:
1.- luns 11 febreiro ás 20h
2.- martes 12
 febreiro ás 21:00h  (OLLO! adiantamos media hora con respecto a anteriores proxección en martes)

Para asistir á proxección debes adquirir un pase individual. Preme aquí para ver as condicións na sección TELECLUBE web de BenComún Espazo

PREZOS:
Tripulantes Teleclube: 3€
Non Tripulantes: 7€

Sinopse:
Jean, un nomeado actor de cinema, é convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista d‘Os 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.

Ficha da película:

  • Título orixinal: Le lion est mort ce soir
  • Ano: 2017
  • Duración: 103 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Nobuhiro Suwa
  • Elenco: Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard
  • Montaxe: Martial Salomon
  • Dirección de arte: Inès De La Bevière
  • Son: Floren Klockenbring, Emmanuel Croset
  • Música: Olivier Marguerit
  • Fotografía: Tom Harari
  • Produtora: FILM-IN-EVOLUTION, Les Productions Balthazar, Bitters End (Francia-Xapón)
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
Teleclube BenComún Películas xaneiro, febreiro e marzo

Teleclube BenComún Películas xaneiro, febreiro e marzo

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close